Curtocircuíto traerá até final de ano oito novos ciclos cun total de 52 curtas
(6/9/2010) A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director de Curtocircuíto, Tim Redford, presentaron hoxe a programación de +Curtocircuíto desde setembro até finais de ano, que inclúe 52 curtas proxectadas provintes de 21 países e organizadas en...
Preto de 30.000 persoas gozaron dos espectáculos do Festival dos Abrazos
Setembro con Lied, Mercedes Peón, Real Filharmonía e moito máis
Actividades nas rúas de Compostela
Banda Municipal de Música na rúaA Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Congreso IBBYEste ano celébrase en Compostela o 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que nesta ocasión estará dedicado ás minorías. O IBBY é un colectivo sen ánimo de lucro que está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.
Actividades nas rúas de Compostela
Semana Cultural de ConxoA Semana Cultural de Conxo ten lugar do 6 ao 11 de setembro, e inaugúrase o día 6 por parte da concelleira de Cultura, Socorro García Conde coa inauguración da exposición '25 anos de cultura na festa'.
21:00 | Teatro Principal
Mercedes Peón actúa no Congreso IBBYUnha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.
Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
10/09/2010 O Mercado Atlántico de Creación Contemporánea é un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións.
10/09/2010 O Salón Teatro de Santiago inaugura o venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas, Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas.
Carlos Núñez, con The Chieftains e a Sinfónica de Galicia
11/09/2010 Carlos Núñez ofrecerá un concerto único no que estará acompañado pola Orquesta Sinfónica de Galicia e os irlandeses 'The Chieftains'.
14/09/2010 Unha nova edición do Ciclo de Lied titulada "Se os meus poemas tivesen ás... o lied".
Consulta a axendaCal das propostas do ciclo Teatro e Danza en Xira 2010 che parece máis interesante?
A Zona "C" leva xa tres anos aberta á cultura. É unha aposta da Concellería de Cultura e Centros Socioculturais para promover a creación de vangarda e aos novos artistas, cunha sala situada nunha área de referencia desde o punto de vista artístico, xunto ao Museo do Pobo Galego e o CGAC. A Zona "C" é unha sala flexíbel que permite aos novos artistas da cidade intervir nun lugar cargado de historia. En tres anos pasaron polos seus 120 m² as creacións de Suso Fandiño, Mauro Trastoy, Santi Jiménez, Rita Rodríguez, Amaya González, Sara Fuentes, Montse Rego ou Jesús Madriñán, ademais de acoller concertos, teatro e de danza. Un espazo vivo para unha cidade que quere ser foco creador e capital cultural permanente. Do 17 de xuño ao 12 de setembro exhíbese 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal.
Mercado Atlántico de Creación Contemporánea
MACC é un espazo de intercambio no que se difunden ideas e procesos de traballo que apostan polo risco e o atrevemento. Un espazo no que profesionais interesados no ámbito da economía social traballan na construción dunha relación saludable e frutífera entre a creación artística, a economía e a empresa.
Seguir lendo
Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia
O 8 de xullo estréase na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia Outumuro LOOKS, 20 anos fotografando moda, unha mostra comisariada por Ramón Prat e Silvia Ventosa e producida por Disseny Hub Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Seguir lendo
Durante os meses de verán, coa chegada do bo tempo e do período vacacional, os hábitos de uso dos centros socioculturais varían. É o momento de saír á rúa e facer as actividades nos parques e nas prazas da cidade. Por outra banda, as actividades de grupo son o escenario axeitado para relacionarse e facer amigos, ao tempo que practicamos deporte, participamos nun roteiro, miramos as estrelas, gozamos do cinema ao aire libre, dos xogos populares ou buscamos un tesouro agochado nun parque.
Seguir lendo© Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, 2008