Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
novo Actividades nas rúas de Compostela
Banda Municipal de Música na rúaA Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Congreso IBBYEste ano celébrase en Compostela o 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que nesta ocasión estará dedicado ás minorías. O IBBY é un colectivo sen ánimo de lucro que está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.
Actividades nas rúas de Compostela
Semana Cultural de ConxoA Semana Cultural de Conxo ten lugar do 6 ao 11 de setembro, e inaugúrase o día 6 por parte da concelleira de Cultura, Socorro García Conde coa inauguración da exposición '25 anos de cultura na festa'.
novo 18:00 | Monte do Gozo
Geocaching, iniciación á procura de tesourosComo se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.
novo 21:00 | Teatro Principal
Mercedes Peón actúa no Congreso IBBYUnha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.