18:30 | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ciclobiblioteca Asociación Cultural PapaventosEsta actividade para todos os públicos converte ciclocarros en bibliotecas móbiles para animar á lectura a través do xogo e da concienciación do respecto ao medio ambiente.
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Congreso IBBYEste ano celébrase en Compostela o 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que nesta ocasión estará dedicado ás minorías. O IBBY é un colectivo sen ánimo de lucro que está composto por asociacións e persoas de todo o mundo comprometidas coa idea de propiciar o encontro entre os libros e a infancia.
11/09/2010 'Leo e as estrelas' é unha actividade didáctica de divulgación científica da astronomía, nacida con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009.
18/09/2010 A compañía Tarabelos presenta este conto popular galego ilustrado con monicreques, dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos.
Contada de contos polo Día da Paz
21/09/2010 Unha actividade para nenos e nenas a partir de 3 anos, na que a partir dun conto traballaranse valores como a amizade e a igualdade entre culturas, desde un punto de vista lúdico e educativo á vez.
Contacontos en linguaxe de signos
25/09/2010 Dentro do ciclo Os sábados, choiva de contos ofrécese unha sesión moi especial interpretada simultáneamente en linguaxe de signos para os cativos con problemas de audición e de viva voz.
Obradoiro 'Gústache escribir?'
04/10/2010 Partindo da pregunta '¿Gústache escribir?', Francisco Castro tenta fomentar a creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir nun curso que se desenvolve entre outubro e decembro.
Consulta a axendaDirectorio cultural de Compostela
Cidade protagonista de historias, de investigación e reflexión, de estudio. Achégate aos creadores, aos investigadores e aos seus espazos. Atopa Compostela nas súas letras, nas súas bibiotecas, librarías e nas rúas. Viaxa...
Comeza a XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión
Un ano máis, e xa van 19, o Paseo dos Leóns da Alameda convértese no punto de encontro co libro antigo e de ocasión. A feira conta, desta volta, coa participación de librarías de toda España, con máis de 100 mil exemplares que se poñerán á venda nos 15 días que estarán instalados os postos.
Seguir lendo