Compostela cultura

Música

Axenda de música
  • Banda Municipal de Música na rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Banda Municipal de Música na rúa

    A Banda Municipal de Música da cidade volve ás ruas en setembro recuperando vellas pezas e introducindo novas melodías.

  • Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY

    21:00 | Teatro Principal

    Mercedes Peón actúa no Congreso IBBY

    Unha das voces de maior importancia da música galega contemporánea pon o peche da segunda xornada do Congreso IBBY, que este ano se celebra en Santiago de Compostela, coas minorías como tema central.

Consulta a axenda
O que vai vir

Carlos Núñez, con The Chieftains e a Sinfónica de Galicia

11/09/2010 Carlos Núñez ofrecerá un concerto único no que estará acompañado pola Orquesta Sinfónica de Galicia e os irlandeses 'The Chieftains'.

Ciclo de Lied

14/09/2010 Unha nova edición do Ciclo de Lied titulada "Se os meus poemas tivesen ás... o lied".

Ignasi Terraza Trío

15/09/2010 A ONCE organiza este concerto do pianista cego Ignasi Terraza, acompañado por Giorgious Antoniou ao contrabaixo e Esteve Pi á batería.

JC Brooks & The Uptown Sound

18/09/2010 A Sala Nasa abre a nova tempada con JC Brooks & The Uptown Sound, un grupo que vén directamente desde Chicago e comprométese a facer bailar ao público custe o que custe. Este concerto é de balde e coincide coa maioría de idade da Nasa, que este setembro cumpre 18 anos.

Real Filharmonía de Galicia, concerto de inauguración de temporada

24/09/2010 A Obra Social da Fundación La Caixa presenta o concerto de inauguración da temporada 2010-2011 desta orquestra, contando con Jonathan Webb como director e Marta Matheu como soprano. Estarán acompañados polo Coro da Fundación Príncipe de Asturias.

Consulta a axenda

Directorio cultural de Compostela

A música forma parte dos sons desta cidade. As rúas, os pubs e as salas de espectáculos mostran á cidade a diversidade musical que habita nela. Segue o seu son e atopa músicos, salas de concertos, selos discográficos e as tendencias que poboan Compostela.