Compostela cultura

Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Xoves, 9 de setembro de 2010
  • Toy Story 3

    Multicines Cinesa Área Central 3D

    Toy Story 3 Lee Unkrich

    Andy medrou e prepárase para ir á universidade, o que provoca a preocupación de Buzz, Woody e o resto da banda polo seu incerto futuro. Os nosos amigos aterran nunha gardaría chea de criaturas salvaxes que inmediatamente poñen os seus dedos pegañentos nos seus "novos" xoguetes.

  • Campanilla e o gran rescate

    Multicines Compostela

    Campanilla e o gran rescate Bradley Raymond

    Campanilla deberá unirse a unha fada rival para que os humanos non descubran a existencia da súa raza. Terceira de catro películas que realizará DisneyToon Studios baseadas no personaxe de Campanilla, procedente da película Peter Pan.

  • O Camiño para nenos e nenas

    Igrexa da Universidade

    O Camiño para nenos e nenas

    Cal é a orixe do Camiño de Santiago? E a das tradicións xacobeas? Que lendas fican esparexidas por Compostela? A estas e outras preguntas atoparán resposta de xeito ameno e didáctico para os máis novos (e non tanto) que visiten a exposición audiovisual "Santiago, a viaxe continúa".

  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros

    18:00 | Monte do Gozo

    Geocaching, iniciación á procura de tesouros

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.