Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia
O 8 de xullo estréase na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia Outumuro LOOKS, 20 anos fotografando moda, unha mostra comisariada por Ramón Prat e Silvia Ventosa e producida por Disseny Hub Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Seguir lendo
"Entre a razón e a pel", de Nuria Ruibal, na Zona "C"
O xoves 17 de xuño, ás 20.00 h, inaugurouse na Zona "C" a exposición "Entre a razón e a pel", de Nuria Ruibal. A mostra é froito do Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela para o fomento de intervención de creadores na zona "C" en colaboración co curso de posgrao Master en Arte Museoloxía e crítica contemporáneas.
Seguir lendoDirectorio cultural de Compostela
Vangarda e tradición artística conviven en Compostela. Grandes e pequenos espazos onde disfrutar de artistas propios e invitados. Vídeocreación, performances, pintura e escultura, fotografía e instalacións...Vive Compostela con todos os sentidos.
Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Afro Modern: viaxes a través do Atlántico NegroAfro Modern: Journeys through the Black Atlantic é a primeira exposición que examina polo miúdo a influencia que sobre a arte exerceron as diversas culturas negras do Atlántico desde 1909 até os nosos días. Empezando polo rastro da arte africana na expresión modernista de artistas como Picasso, e acabando coa obra de artistas contemporáneos coma Coco Fusco, Ellen Gallagher e David Hammons, a mostra quere poñer de manifesto como artistas de todo o Atlántico reivindicaron de diversos xeitos a linguaxe da modernidade como unha arma poderosa para explorar, formular e afirmar a súa propia identidade.
Centro Social Caixanova
Espazo Colección CaixanovaExposición permanente de obras de artistas galegos senlleiros dende o século XIX até a actualidade que forman parte da Colección Caixanova. Os mércores ás 18 horas, visitas guiadas.
San Martiño Pinario
Exposición 'Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez'A exposición eloxia a figura do arcebispo compostelán, gran promotor da peregrinación xacobea e de Compostela en Europa.
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
ItinerestellaeUnha exposición itinerante de pintura, escultura, fotografía e poesía visual na que participan máis de 60 artistas de Galicia e Portugal. Está organizada pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa(AAAGP).
Fundación-Museo Granell
Novos fondos da Fundación. Obra de Eugenio GranellA Fundación Eugenio Granell retoma a súa programación habitual de actividades cunha mostra composta por unha inxente cantidade de obras de Eugenio Granell que ocuparán todo o espazo expositivo do museo.
Igrexa da Universidade
O Camiño para nenos e nenasCal é a orixe do Camiño de Santiago? E a das tradicións xacobeas? Que lendas fican esparexidas por Compostela? A estas e outras preguntas atoparán resposta de xeito ameno e didáctico para os máis novos (e non tanto) que visiten a exposición audiovisual "Santiago, a viaxe continúa".
Museo das Peregrinacións
Os camiños de Santiago no camiño de Santiago Gabriel DíazProxecto expositivo deseñado pola Fundación Arq Art de Madrid en colaboración con Museo das Peregrinacións coa intención de implicar os distintos territorios relacionados coa ruta xacobea, tamén nunha dimensión europea. A pretensión inicial era levar a cabo unha exposición simultánea en 30 igrexas ou espazos vinculados á peregrinación. A mostra consiste na proxección simultánea de seis vídeos de longa duración realizados coa técnica de animación fotográfica, resultado da secuencia de millóns de fotogramas realizados polo artista ao longo do seu percorrido polas distintas vías de peregrinación.
12:00 - 20:00 | Fundación Torrente Ballester
Os mundos de Gonzalo Torrente BallesterA Fundación Torrente Ballester acolle unha mostra que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor a través de máis de 200 pezas entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, cadros, debuxos e diversos documentos e obxectos que nos achegan á súa iconografía persoal.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Centro Social Caixanova
Pórtico da Gloria. Misterio e sentidoA apertura do Centro Social Caixanova na praza de Cervantes en Compostela coincide co Ano Xacobeo Compostelán, razón pola que este centro programa durante todo o ano unha exposición dedicada ao Pórtico da Gloria.
Factoría Compostela
Transversalidades 2010Nova aposta de Factoría por mesturar xéneros, estilos, soportes e estéticas. A medio camiño entre a artesanía, o deseño industrial e o téxtil, Transversalidades 2010 componse de tres exposicións interrelacionadas: 'Entrespacios', proxecto en colaboración coa galería Artemenudo, comisariado por Marta Prieto e desenvolvido polo espazo de Obxecto & Edición; 'Invaders in my kitchen!', mostra sobre o deseño contemporáneo nas cociñas, comisariado por Xosé Bouzas e parte do gastroLAB; 'Dous traxes musictrack', proposta de Román Padín e Isabel Mastache, comisario y artista dunha iniciativa que fusiona deseño, música, plástica e danza coa colaboración de Nova Galega de Danza.