Compostela cultura

Teatro e danza

O que vai vir

'Life is a paripé'

10/09/2010 O Salón Teatro de Santiago inaugura o venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas, Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas.

Panamesiana Teatro

12/09/2010 'Oh, que bonito é Panamá' é un xogo de teatro, monicreques, música e clown coa inocencia, a amizade, o respecto á natureza e a felicidade das pequenas cousas como protagonistas absolutos.

'Amor de don Perlimplín con Belisa no xardín', de Federico García Lorca

16/09/2010 A Agrupación Teatral Vacalar leva a escena a coñecida obra do dramaturgo granadino, baixo a dirección de Arturo López.

Na meta (sálvese quen poida)

17/09/2010 Na meta (sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña.

'Polo pracer de volver a vela', de Michel Tremblay

18/09/2010 O programa 'Teatro e Danza En Xira' ofrécenos a posibilidade de ver producións procedentes de distintos lugares e por compañías que realizan xiras. Nesta ocasión, é unha peza dirixida por Manuel González Gil sobre o texto de Michel Tremblay.

Consulta a axenda

Directorio cultural de Compostela

Compostela é un escenario poboado de actores e actrices, bailaríns, clowns e monicreques que habitan as salas e teatros da cidade. Adiviña quen son, onde habitan, quen os crea, que fan cando non están entre bambolinas. Abre o telón e observa...