Compostela cultura

Varios

Axenda
  • Semana Cultural de Conxo

    Actividades nas rúas de Compostela

    Semana Cultural de Conxo

    A Semana Cultural de Conxo ten lugar do 6 ao 11 de setembro, e inaugúrase o día 6 por parte da concelleira de Cultura, Socorro García Conde coa inauguración da exposición '25 anos de cultura na festa'.

  • Geocaching, iniciación á procura de tesouros

    18:00 | Monte do Gozo

    Geocaching, iniciación á procura de tesouros

    Como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. O programa Vive o Verán ofrece unha divertida sesión de geocaching para nenos e nenas, unha maneira imaxinativa de xogar a agochar e atopar tesouros. A cita é no monte do Gozo e ten como punto de encontro a entrada principal do albergue.

Consulta a axenda
O que vai vir

Obras Públicas presenta 'Life is a paripé'

10/09/2010 César Goldi, Iolanda Muiños e Mos son os tres intérpretes deste espectáculo dirixido por José Prieto no que se mesturan en proporcións similares música, teatro e 'cachondeo'.

Xogos populares na Alameda

12/09/2010 Unha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.

Haití, 9 meses despois

14/09/2010 Nove meses despois do terremoto que devastou Haití o pasado 12 de xaneiro de 2010, Médicos Sin Fronteras expón o seu traballo no país caribeño neste tempo a través da proxección do documental Haití, 7 días de xaneiro e unha mesa de debate posterior.

Excursión ao Portugal interior

18/09/2010 O programa de viaxes e excursións 2010 da Rede de Centros Socioculturais é unha proposta para todos os públicos que ten por obxectivos coñecer o noso contorno natural, cultural e histórico, descubrir lugares vinculados ao Camiño de Santiago e achegarse a outras culturas.

Xogo tradicional no parque

22/09/2010 O Centro Sociocultural A Trisca organiza esta actividade dirixida aos máis pequenos, para que participen nun xogo tradicional ao aire libre.

Consulta a axenda

Directorio cultural de Compostela

Compostela é moito máis. Entra, ainda hai moito por descobrir: asociacións, fundacións, Universidade, ...

Vive o verán ao aire libre

Vive o verán ao aire libre

Durante os meses de verán, coa chegada do bo tempo e do período vacacional, os hábitos de uso dos centros socioculturais varían. É o momento de saír á rúa e facer as actividades nos parques e nas prazas da cidade. Por outra banda, as actividades de grupo son o escenario axeitado para relacionarse e facer amigos, ao tempo que practicamos deporte, participamos nun roteiro, miramos as estrelas, gozamos do cinema ao aire libre, dos xogos populares ou buscamos un tesouro agochado nun parque.

Seguir lendo
Programa de viaxes e excursións

Programa de viaxes e excursións

Coñecer o noso contorno natural, cultural e histórico, descubrir lugares vinculados ao Camiño de Santiago, achegarse a outras culturas... estes son algúns dos obxectivos do programa de viaxes e excursións 2010 da Rede de Centros Socioculturais. Unha proposta para todos os públicos que por sexto ano se organiza en rede.

Seguir lendo